João Casqueira

João Casqueira

Doutor en Dereito polo Instituto Universitario Europeo (IUE) de Florencia e pola Universidade de París X-Nanterre, é Investigador Integrado no CEPESE (Centro de Estudos da Poboación, Economía e Sociedade). Coordina actualmente o Máster en Acción humanitaria, Cooperación e Desenvolvemento na Universidade Fernando Pessoa (UFP), Porto, e integra o Senado da Euro-Mediterranean University (Unión polo Mediterráneo, Barcelona). Traballou para avogados (en Francia e no Reino Unido), así como para a Organización Internacional do Traballo, Xenebra (sobre códigos xurídicos de países africanos). Traballou tamén no Consello de Europa, Estrasburgo (Dirección de Asuntos Sociais e Económicos) e na Dirección Xeral de Estudos do Parlamento Europeo, Luxemburgo.